Alicia Lorenzo Franco


Alicia Lorenzo Franco

Lista

Eu ❤ Futuro Para Galicia – Equipo Carolina Bescansa

Biografía

Nacín en Arcade, Pontevedra (1979). Ao rematar o bacharelato cursei estudos de turismo (Técnico superior en información, comercialización turística e AA. VV). Estiven traballando neste sector ata os 29 anos, no que o mundo dos cativos se cruzou na miña vida. Traballo, dende entón ata a actualidade como PSX laboral fixo nas Galiñas Azuis e teño o título de Educadora Infantil 0-3. Actualmente teño a miña praza na Illa de Arousa. Colaboro coa asociación Amino (contra o maltrato e abuso infantil). Pertenzo á Plataforma SOS pola defensa da Sanidade Pública Arcade-Soutomaior.


Motivación

Dende que comezaron os movementos sociais en Madrid dinme conta de que había xente que pensaba coma min e que tiña ganas de cambiar as cousas. Xa que o movemento se consegue andando e eu considérome unha persoa loitadora, coido que é preciso involucrarse totalmente para conseguir o cambio que esta sociedade precisa.