Álex Botello


Álex Botello

Lista

Máis Podemos

Biografía

Nacín en Venezuela hai 33 anos. Con catro anos trasladeime coa familia a Santiago de Compostela, cidade onde crecín e da que me sinto parte. Cursei estudios de enxeñería civilna Universidade da Coruña,tendo nestes momentos superadas todas as asignaturas e estando á espera de poder presentar o proxecto de fin de carreira.

Vivín catro anos en Lausanne, Suiza, experiencia que me serviu para aprender francés e iniciar un dos eixos da miña actividade política: a mobilidade sostible.

En 2015 regresei a Compostela atraído pola onda de cambio que se estaba a desenvolver na niña cidade e no resto do estado,na chamada primavera Municipalista.

Dende esa data estou a levar a cabo unha intensa actividade política nos eidos da Mobilidade sostible, a defensa do medioambiente e a recuperación de servizos públicos.


Motivación

Preséntome ao Consello Cidadán Galego porque teño o firme convencemento de que un Podemos unido e forte é fundamental para acadar o cambio que Galicia necesita.

Son múltiples os retos que temos por diante e múltiples as problemáticas que atravesan o noso país. Temos a obriga de mudar o sufrimento pola esperanza, seguir tecendo Galicia e creando alternativas de cambio.

Porque acredito neste proxecto de cambio, poño toda a miña ilusión coñecemento e traballo a disposición das inscritas para facer do Consello Cidadán un instrumento ao servicio das maiorías.